Os que me coñecedes un pouquiño, xa sabedes que para min as fronteiras só son liñas divisorias no mapa. Pois na realidade están cheas de camiños históricos que conectan unha zona coa outra, xentes e afectos, culturas e tradicións que máis do que separar, unen. E máis no caso de Galicia e Portugal, que teñen moita historia en común.
Penso que é máis que obvio o meu amor polo país veciño, a miña segunda casa. Fai pouco coñecín esta cidade do interior, pequena e acolledora, que conseguiu manter no tempo o encanto das cousas de antes
.

























