Un conxunto arquitectónico impresionante é o claro protagonista deste lugar. Formado polo Santuario de Xende, o viacrucis pétreo, unha gran alameda con fonte cun anxo no seu centro, unha casa reitoral soportada espectacular, un templete baldaquinado e varios cruceiros e petos de ánimas.
Xunto ao Santuario de Xende eríxese un baptisterio e un chamativo cruceiro baixo un templete, sendo este do ano 1868 é obra de Manuel González de Perdiz, estación número doce dun viacrucis que vén dende abaixo.
Lin que na festa da honra do Santo Cristo da Agonía de Xende, os penitentes métense nun ataúde e realizan a procesión para pedir os favores ao Santísimo. Alguén me pode dicir se sabe algo disto?











